Publicacións populares deste blog
Resultados Celtibérico Ribadavia
O III Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrado en Ribadavia o pasado 28 de Abril tivo soamente un protagonista tanto no primeiro coma no segundo grao e éste foi o da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia que obtivo ambos os dous títulos: o do Primeiro Grao coa súa banda titular e o do Segundo Grao coa súa banda B. Deixovos aquí un fragmento da actuación da Banda de Gaitas Xinzo de Limia (Titular), Campións neste Certame.
III Certame Celtibérico(Fase Ribadavia)
O vindeiro sábado 28 de abril terá lugar en Ribadavia o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas con bandas como a de Xinzo de Limia(vixente campiona no 2ºGrao), Nova Fronteira ou a mesmísima Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense no 1º Grao deste certame. Terá lugar dende 15:30 na Praza Maior de Ribadavia Patrocinan: Concello de Ribadavia Federación Galega de Bandas de Gaitas

Comentarios
Publicar un comentario